Juanma LoDo ábrenos o seu estudo e o trae ata o Gaiás para deixarnos experimentar e descubrir como facer música con instrumentos electrónicos de todo tipo.
Aprenderemos que é un sintetizador, unha caixa de ritmos, un sampler, un loop, os bpms, os efectos de son... e crearemos cancións e instrumentoscon elementos recollidos na natureza: follas, herbas, fieitos, musgo, auga…
