Que nos indican as nubes? Cales son os seus nomes? Por que algunhas son grises? De onde ven o vento? Cales son os fenómenos adversos máis interesantes? Todas estas preguntas e moitas máis poderemos resolvelas no Obradoiro de Meteoroloxía da man de Meteogalicia.
Ademais de descubrir os instrumentos cos que se mide o tempo, o obradoiro contará con actividades nos que descubrir o ciclo da auga, observar as nubes, o vento, a temperatura que vai, se chove e como chove e ata facer un tornado caseiro. Como broche final, e coa axuda dun meteorólogo, os participantes converteranse en exploradores do tempo nun paseo no que incluso poderemos predicir o tempo a curto prazo.
