As novas tecnoloxías abre novos camiños de expresión artística que fomentan a interacción entre distintos ámbitos e neste obradoiro de Láser Grafiti convidámoste a achegarte a unha das máis creativas.
Os participantes recibirán unha breve formación sobre a tecnoloxía de láser grafiti, que incluirá unha pequena explicación sobre aspectos técnicos e necesidades de equipamento e a presentación da plataforma de debuxo e o uso das súas distintas funcionalidades. Posteriormente, todos os asistentes realizarán os seus primeiros grafitis vídeo proxectados, aportando o seu pequeno grao de area a esta acción técnico-artística.
