Obradoiro de ilustración científica: a flora do Gaiás I Mes da Ciencia na Biblioteca de Galicia 2021

A Biblioteca de Galicia celebra o mes dedicado á ciencia, novembro, con varios obradoiros e actividades destinadas a distintas idades e públicos, converténdose nun gran laboratorio para grandes e maiores que poderán desfrutar cada sábado con divertidas experiencias, á vez que aprenden e afondan no coñecemento científico dunha maneira moi amena.

O Mes da Ciencia na Biblioteca de Galicia inclúe na súa programación este obradoiro onde descubriremos cal é o método de traballo do ilustrador científico e como o caderno de campo é unha das ferramentas básicas para recoller información sobre as especies que queremos ilustrar, neste caso a flora do Gaiás.

Programa:

  • Primeira hora: Breve introdución á ilustración científica, como xurdiu e cal é a súa importancia hoxe, o seu papel esencial como ferramenta para a comunicación da ciencia. Importancia de buscar/recompilar información e como crear un caderno de campo.
  • Segunda hora: Saída de campo para recoller algún material que podamos ilustrar.
  • Terceira hora: Organización do material, decidir como podemos representalo e que cousas serían relevantes para cada especie. Traballo en liña con lapis de grafito.
  • Cuarta hora: Nocións básicas de acuarela e estudo da cor das especies.

*Os asistentes deberán aportar as acuarelas e os pinceis.