Obradoiro de Ilustración

O obxectivo deste obradoiro de ilustración será deixar voar a imaxinación a través dun fío condutor que será a creación dun personaxe. Cada participante creará unha ou varias ilustracións nas que este personaxe “colectivo” vivirá as aventuras que el imaxine. Ao final do obradoiro ordenaranse as ilustracións para crear un microconto espontáneo no que os participantes verán como todas as súas ideas, por moi diversas que sexan, cobran un sentido final.

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
7, 14 e 21 de xullo 2026
Ás 18:30h
8 xull 2026
Ás 20:00h