Obradoiro de Foguetes I Mes da Ciencia na Biblioteca de Galicia 2021

A Biblioteca de Galicia celebra o mes dedicado á ciencia, novembro, con varios obradoiros e actividades destinadas a distintas idades e públicos, converténdose nun gran laboratorio para grandes e maiores que poderán desfrutar cada sábado con divertidas experiencias, á vez que aprenden e afondan no coñecemento científico dunha maneira moi amena.

O Mes da Ciencia na Biblioteca de Galicia inclúe na súa programación este obradoiro dirixido a rapaces e rapazas dende 1º da ESO en adiante, co obxectivo de espertar a curiosidade e o interese polo deseño de foguetes.

Ademais de desfrutar e aprender coa creación destes artefactos, está preparado un fin de actividade moi activo e emocionante, xa que se vai celebrar unha pequena competición por equipos para poñer en marcha eses foguetes entre todos os participantes.