Obradoiro de arquitectura indíxena

Queres coñecer aspectos da vida cotiá das culturas indíxenas do Orinoco? O obradoiro de arquitectura indíxena ofrécelle aos máis pequenos a oportunidade de aproximarse a ela a través da construción das súas vivendas. Durante hora e media, nenos de entre 6 e 11 anos poderán descubrir:

  • Que vivendas atoparon os grandes exploradores cando chegaron ao Orinoco
  • Por que se construían estas vivendas, onde, con que materiais e con que fins. 
  • Como se distribuían os espazos e como se vivía nelas.
  • Exemplos de arquitectura sostible (adaptadas aos materiais da zona, ao clima…) 
  • Que arquitecturas próximas nos recordan ás do Orinoco e porque.

Todas estas preguntas concretaranse na construción das dúas vivendas máis prezadas e que máis perduraron ata a actualidade: as churuatas (vivenda do bosque) e os palafitos (vivenda da auga), dúas iconas da cultura venezolana e do seu afán por vivir en harmonía coa natureza.

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)