Obradoiro de Arenoglifos

Os petróglifos son gravados en pedra, feitos por nosos antepasados prehistóricos, que representan unha das primeiras expresións da escritura. Neste obradoiro os participantes poderán facer unha pequena réplica dun petróglifo que se lles subministrará como modelo. No canto de facelo esculpindo as rochas, estes arenoglifos faranse con area e pintura para que logo poidan levalos a casa.