O presente eterno

Baixo o nome O presente eterno: Investigacións históricas sobre a poética da obra de arte desde a Antigüidade ata a Modernidade, o Centro de Innovación Cultural reunirá o 31 de outubro un grupo de reputados historiadores da arte de universidades como Oxford, Princenton, UCM ou USC.

Todos eles caracterízanse por un traballo que destaca pola súa orientación interdisciplinar, innovación metodolóxica e pola súa relevancia a nivel internacional co fin de ofrecer novas perspectivas sobre unha constelación de obras que abarca desde os santuarios da Antigüidade clásica ta o Pórtico da Gloria, desde a pintura renacentista á fotografía documental e o cine de ciencia ficción. A súa presenza en Galicia enmárcase dentro da sua participación no proxecto de i+D+i HAR2010-20357: Arte medieval español e cultura europea: Trasfondo clásico e impacto nos discursos da modernidade, dirixido por Francisco Prado-Vilar. 

Ao longo desta xornada analizaranse as producións de creadores como o Mestre Mateo, Cimabue, Caravaggio, E. H. Lowber ou George Méliès e como se entrelazan en torno ao pensamento de críticos das artes visuais como Rainer Maria Rilke, Giorgiana Goddard King ou André Bretón coa fin de explorar un amplo espectro de cuestións esenciais para o entendemento das funcións da representación a través de diversos períodos.

Consulta o programa no documento adxunto (na zona de descargas).