O 28 de decembro de 1992 saltan ao panorama teatral galego dous actores xa coñecidos polos seus traballos noutras compañías. Aquel día, que se conmemoraba o holocausto dos Inocentes, Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira deciden renunciar a súa inocencia e a súa pureza artística para transformárense en Mofa e Befa.
Desde entón e ao longo de máis de dúas décadas as súas parodias, o seu sentido de humor sarcástico e vitriólico, o seu dominio da técnica do clowns o teñen convertido nun dos grandes do humor galego.
Co espectáculo O pior de Mofa e Befa, estreado con enorme éxito no 2011 no Teatro Rosalía de Castro e que traerán ao Gaiás, volven á escea algunhas das pezas e sketches máis queridos polo seu público e algúns que só se fixeron en contadas ocasións: os pallasos financeiros de “FinisMundi Circus”, o Tío Reveriano de “Cociña Económica”, os flamencos abertzales de “Sempre ao Lonxe” ou Frank Braña.
O pior de Mofa e Befa conta coa participación estelar de colaboradores habituais como Quico Cadaval, Piti Sanz ou Fran Pérez.


