Os humanos percibimos o paso do tempo de xeito sensorial: valémonos do olfacto para averiguar o paso do tempo nos alimentos, mediante os ollos decatámonos do cambio da paisaxe nun cadro ou nunha fotografía, co tacto recoñecemos o pasar do tempo nas flores ou nas froitas e co oído determinamos a duración ou intensidade dos sons.
Para afondar neste concepto do paso do tempo, nenos de entre 5 e 8 anos divertiranse a tarvés dos álbums ilustrados de OQO Editora: Ernesto, Bo Día e A min non me comas!, no que o tempo e a súa percepción están presentes de modo claro e directo.
Así, e baixo un enorme reloxo que presida a sala, os participantes realizarán accións que transformen o espazo a medida que pasa o tempo: faremos camiños empregando os diferentes sons que poden producir os reloxos, dixitais ou analóxicos, e percorreremos camiños coas nosas pegadas, marcaremos distancias con area (en alusión os reloxos de area)... Unha tarde moi divertida na que experimentar co tempo.

