Que teñen as esferas de cristal con neve que nos hipnotizan? Támara Sánchez animará a nenos e pais a que contribúan a crear un recordo de Nadal en forma de bóla de cristal.
Como? Con algúns materiais de refugallo, como os botes pequenos de vidro que habitualmente conteñen alimentos. Os motivos para o interior? Os que gusten na súa inventiva. Con plastelina modelarán os detalles que queiran. A glicerina líquida fará o milagre da neve e purpurina e cintas darán o toque final á nosa bóla do Nadal de 2013. Unha experiencia divertida e creativa que dá nova vida aos tarros de vidro.


