O Comenoites

Sudhum Teatro trae ao Gaiás O Comenoites, contacontos escenificado no que o protagonista é un duende regordiño encantado de comer a noite para que o sol poida saír outra vez e traerlles luz e calor a todos. Un día a lúa coméntalle que está demasiado gordo e o Comenoites deixa de comer, pero isto supón un problema porque se o Comenoites non come a noite, o frío e a escuridade reinarán para sempre na terra e o sol nunca volverá saír. Unha bonita historia coa que os rapaces e rapazas descubrirán o segredo de por que existen o día e a noite.

 
En familia
 
7, 14 e 21 de xullo 2026
Ás 18:30h
8 xull 2026
Ás 20:00h