Nuncabunga é un espectáculo cómico e poético sen palabras da compañía Elefante Elegante dedicado ao público familiar e infantil a partir dos tres anos.
A acción desenvólvese nun espazo que evoca a proximidade co mar. Alí vive unha persoa que nun recuncho construíu o seu fogar. Un día de tempestade aparece un estraño entalado nunhas redes, coma un refugallo máis, daqueles que o mar bota fóra. Non ten casa nin comida mais está decidido a quedar naquel lugar. Serán eles capaces de chegar a un acordo?
Ficha técnica
Autoría, dirección, interpretación, espazo escénico e atrezo | María Torres e Gonçalo Guerreiro
Dirección de movemento | Fredi Muíño
Música | Mano Panforreteiro
Deseño de iluminación e deseño gráfico | Daniel Pais
Vestiario | María Chenut
