Nexos infantil: Valle-Inclán

Para celebrar os 150 anos de Valle-Inclán, o noso  meirande dramaturgo, os participantes de Nexos infantil realizarán unha aproximación ao autor e a súa obra. Baixo o título O ronsel do Esperpento. 150 anos do nacemento de Valle-Inclán, a sesión falará do mito e da realidade da vida de Valle-Inclán, e aproveitarase para reflexionar como se crean as lendas e que hai de certo nelas.

Matinaremos sobre o papel que a prensa tivo na creación destas lendas ao redor do autor, e logo realizaremos un mural colectivo a modo de xornal no que narraremos as realidades e mitos da vida de Valle-Inclán, pero tamén novas de actualidade que demostran a súa trascendencia ata os noso días (como a designación do 26 de marzo como o Día de Max Estrella) e a vixencia da súa obra. Para rematar, representaremos a escena 3 de Luces de Bohemia, que se desenvolve na taberna de Pica Lagartos, disfrazándonos de Max Estrella e do resto de personaxes que aparecen nela.