Nexos infantil: O malditismo nas artes

Sesión aprazada ao 28 de xuño.

O aprazamento da sesión de adultos obriga a aprazar tamén o Nexos infantil ao 28 de xuño. Desculpen as molestias.

Nesta última sesión de Nexos infantil traballaremos a partir das obras O Retrato de Dorian Gray, Frankestein e Drácula como expoñentes universais do concepto romántico do malditismo.

Faremos no comezo da sesión un contacontos adaptado ao público infantil da historia contada na novela, e explicaremos a transcendencia que esta tivo no imaxinario artístico universal, asociándoo a temas e obras de moda como Crepúsculo, etc.

Falaremos do éxito e do fracaso, e de como se entenden na sociedade actual, para entender a relevancia que tivo a invención do artista maldito, e plasmaremos o noso propio imaxinario de artistas, personaxes e arquetipos malditos do romanticismo nun mural colectivo.

Dirixido a nenos de 5 a 12 anos. Para o correcto desenvolvemento desta actividade, respecten por favor as idades indicadas.

 
En familia