A última sesión do Nexos infantil estará protagonizada por contos galegos relacionados coa comida e, a través deles, falaranse dos grandes larpeiros da nosa literatura e da literatura universal, veranse obras de arte feitas con alimentos ou inspiradas neles para logo meter as mans na masa e crear a merenda nun obradoiro de decoración de galletas. Serán galletas ou serán obras de arte? O que é seguro é que serán uns deliciosos aperitivos con historia propia que nos servirán para contar o noso particular conto antes de ir dar aos bandullos.
- GALEGO
- CASTELLANO
- ENGLISH


