Nexos infantil: A literatura portuguesa despois da revista Orpheu

Nexos infantil tratará nesta sesión de achegar o concepto da literatura portuguesa as nenos, traballando sobre a idea da proximidade e parentesco das culturas e linguas galega e portuguesa.

Na primeira parte situaremos fisicamente a Galicia e Portugal, e compartiremos os coñecementos que os e as asistentes teñan do país veciño. Para iso, nenos e monitores situarán nun mapa da Península Ibérica  os fitos que consideren importantes. Con fotografías e nomes de autores/as galegos e portugueses, xogaremos a situalos nas súas vilas de orixe nun mapa de Galicia e Portugal.

Na segunda parte aprenderemos unha canción tradicional popular portuguesa e crearemos poemas e textos novos a partir de versos e textos de autores portugueses do século XX, e xogaremos, tamén, a ver e diferenciar como se escriben as mesmas palabras en galego e en portugués.

Por último, veremos un vídeo animado do conto de Jorge Amado O gato Malhado e a andorinha Sinhá para achegarnos á literatura infantil lusa.

 
En familia