Nexos infantil: As letras das cancións como texto literario

A participación de Uxía Senlle na sesión adulta inspira a actividade infantil, na que traballaremos co libro-CD Rosalía Pequeniña, da artista galega e cos textos da propia Rosalía de Castro, como medio que ilustrará o sentido poético da música e das letras das cancións.

Mediante dinámicas de creación e escritura colectiva crearemos os nosos propios poemas breves, que musicaremos coa guitarra de Miguel L. Seoane e o apoio do músico cubano Franky Valencia no teclado e a percusión. Os poemas quedarán plasmados nun libro artesanal de creación colectiva.

Dirixido a nenos de 5 a 12 anos. Para o correcto desenvolvemento desta actividade, respecten por favor as idades indicadas.

 
En familia