Nexos infantil: A Guerra

De forma paralela á sesión '1914 e a pegada da guerra na cultura occidental', Nexos infantil tratará o tema da Guerra a partir do Guernica de Picasso, como obra universal que representa a guerra e as súas consecuencias, incluso na creación artística.

Editaremos unha reprodución desta obra nun tamaño de aproximadamente 1,5 x 1 m, que actuará como elemento central, e a partir da cal poderemos explicar a repercusión que as guerras teñen tanto na vida humana como na expresión artística das persoas.

Ilustraremos as ideas que saian da visión do cadro con palabras e imaxes que os nenos e nenas plasmarán nun mural de palabras relacionadas co tema, e faremos a nosa propia análise dos distintos elementos representados no cadro, que logo reproduciremos en 3D con jumping clay, un tipo de plastilina que seca e fica estable, para crear o noso propio escenario de posguerra

 
En familia