Nathy Peluso + Yuraq Walla

Esta arxentina afincada en Madrid é pura paixón en todo os rexistros cos que se atreve, que non son poucos; blues, salsa, jazz, soul, hip hop, R&B e ata trap con letras intensas e directas, como as súas actuacións. En resumo, non a podes perder!

Ademais, se despois do ciclónica Nathy Pelusa, che apetece continuar a festa musical contamos con sesión Dj con Yuraq Walla. Para facilitarche quedar á pinchada, o horario dos buses urbanos ampliáse e o último de baixada desde o Gaiás ao centro de Compostela é as 00.30 horas. Non tes desculpa para gozar ata o final!