Nadal no Gaiás | Orquestra de malabares: Unión Musical de Meaño & Pistacatro

A música neste Nadal no Gaiás tamén terá tinguiduras de maxia, neste caso da do circo! Así, o 14 de decembro ides abraiarvos coa danza aérea dos malabaristas de PistaCatro nun fermoso diálogo escénico coa banda Unión Musical de Meaño, que queredes ver cos vosos propios ollos! 

Pondo en escena a seis malabaristas e unha banda de música, Orquestra de malabares quere demostrar que os diferentes tipos de expresión artística non están illados entre si e compleméntanse orixinando novas formas de expresión. Tentando ir máis alá da música e do circo como xéneros independentes, o proxecto crea unha obra con personalidade propia na que a música deixa de ser un mero acompañamento dos malabares e os instrumentos da banda actúan como pintores dun cadro no que os malabaristas se transforman en bailaríns dunha abraiante danza aérea.

Nacido da colaboración entre a compañía galega de novo circo Pistacatro e a Unión Musical de Meaño, este espectáculo está ideado para o goce de asistentes todas as idades aínda que se dirixe especialmente a público infantil e familiar.

Dirixe: Diego Javier Lorente López