Na busca do tesouro

Busca pistas, supera probas e coñece as especies arbóreas da Cidade da Cultura. Este é o triple reto que vos propoñemos nunha particular busca do tesouro que comezará no Bosque de Galicia e rematará no Parque do Lago.

Divididos en grupos e equipados con dispositivos móbiles, adentrarémonos nos espazos verdes do Gaiás para buscar as pistas agochadas en códigos QR que nos axudarán a identificar as diferentes clases de árbores que nos levarán á meta. Polo camiño, detectaremos especies invasoras e coñeceremos un pouco máis o ecosistema do Gaiás para poder superar as probas coas que chegar directamente ao tesouro verde.