Sábado 4 Set || Xardín do Teatro || Delas Jam
- 17:00 a 21:00 h. Delas Jam + Jam de Skate + Sesión DJ con Akazie e Russinha + Concerto Menina Arroutada

- 17:00 a 20:00 horas | Xornada de improvisación pictórica
A actividade central da xornada será a segunda edición da Delas Jam, un encontro de experimentación con spray destinado a xerar un espazo lúdico e seguro para a creación de artistas urbanas. O Xardín do Teatro do Gaiás volverá transformarse nunha pequena galería de arte ao aire libre a través da instalación efémera de superficies de papel de celofán entre as árbores, sobre as que as participantes crearán as súas pezas. Nela tomarán parte 7 artistas e escritoras de graffiti seleccionadas a través dunha convocatoria aberta. O xurado integrado por Clara Rodríguez Cordeiro, presidenta de 7H Cooperativa Cultural; María Pereira, directora de Acción Cultural da Fundación Cidade da Cultura, e Anna Dimitrova, directora da Montana Gallery, elixiu as participantes en base á súa calidade artística e traxectoria, así como á coherencia do seu traballo coa liña feminista da actividade. As seleccionadas son
- Killa.Ek
- Sax
- Carola Bagnato
- Zurik
- Ira
- Malicia
- Sphiza
- 18:00 a 20:00 horas | Sesión DJ con Akazie e Russinha
A música tamén gañará presenza grazas á participación do combo galego de DJ Akazie e Russinha, que se encargarán de crear ambiente no recinto

Akazie (Vigo, Galicia) é o pseudónimo musical de Acacia Ojea, graduada en Belas Artes e mestrada en Laboratorio Audiovisual de Creación e Práctica Contemporánea. Na actualidade estuda o Mestrado en Composición Electroacústica e Novos Medios no Centro Superior de Música Katarina Gurska de Madrid. Ten o itinerario avanzado en estudos musicais na especialidade de piano, e tamén formación en percusión tradicional, batería acústica e técnica vocal.
Russinha (Ames, Galicia) é o nome artístico de Marta Gilino, graduada en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, adestradora persoal titulada en Hatha-Vinyasa Yoga e Yoga Vidya Gurukul e con formación especializada en Producción de Música Club/Electrónica con Ableton Live, a súa música combina o estímulo das actividades físicas, a perspectiva holística do yoga e a experimentación autodidacta no ámbito da música electrónica.
Xuntas, Akazie e Russinha senten que o son pode ser un espazo (auto)consciente de repensamento dende o cal reverberar as inconformidades e as emocións que emerxen das relacións nadas a partir da escoita e abrir posibilidades para imaxinar relacións entre a tecnoloxía, a identidade e o son como categoría estética e crítica. Lonxe da vontade de entender a música coma unha interfaz que se sostén baixo a normalización das prácticas culturais hexemónicas baseadas na dominación, achéganse á idea de experimentación sonora como unha extensión de pulsións alternativas proxectadas dende a intuición.
- 18:00 horas | Exhibición de skate
Para enriquecer a programación e incorporar os deportes urbanos á mesma, contaremos en paralelo coa I Jam femenina de skate.
- 20:00 horas | Concerto de Menina Arroutada
Finalmente, a xornada despedirase no escenario do anfiteatro coa actuación de Menina Arroutada.

Menina Arroutada (Brión, Galicia) é o nome artístico de Alex Rei Vázquez, cantante, produtora e actriz feminista. Formada en Interpretación e Dirección Cinematográfica no Centre d’Estudis Cinematográfics de Catalunya é tamén Técnico Vdj polo I.E.S.Xelmírez I e Técnico de Son polo IES Audiovisual de Vigo. Mesturando o persoal co político desde un estilo de Hip Hop ecléctico, sincrético, exótico, feminista e galego, na súa música trata temas como os afectos, a loita das mulleres ou a sororidade.


