Mes da Ciencia na Biblioteca | Obradoiro de química

Obradoiro dirixido a rapaces e rapazas a partir do curso de 3º de Educación de primaria, co obxectivo de espertar a curiosidade e o interese pola química nestas idades.

Nesta actividade todo reacciona, o porexpan desaparece, crecen árbores de cores no leite, unha perigosa especie de serpe nace do lume...e moitas cousas máis abraiantes que coñeceredes se vos achegades á Biblioteca de Galicia!

 
En familia
 
4 Xuñ 2022
Ás 11.00 horas