Mes da Ciencia na Biblioteca | Como podemos acabar coa contaminación mariña?

Este obradoiro está dirixido a rapaces e rapazas a partir de 12 anos, e ten a finalidade de reforzar a implicación dos máis novos na conservación dun planeta máis sustentable. Para iso, centrarase na problemática da contaminación mariña nos océanos.

A contaminación ambiental, concretamente provocada polo acúmulo de plásticos mariños nos océanos e as verteduras de hidrocarburos, centrarán o obradoiro: Como podemos acabar coa contaminación mariña? Imos buscar a maneira de acabar con este problema entre todos e todas.

Así, da man dun equipo de científicos especializados no estudo da contaminación mariña e uns divulgadores científicos preparados para transformar a información que se xere no obradoiro nunha mensaxe que chegue a todo o mundo, os/as participantes poderán aprender un pouco máis deste fenómeno que constitúe unha das principais ameazas para a vida en todo o planeta.

 
En familia
 
4 Xuñ 2022
Ás 11.00 horas