A maxia da fotografía

Descubre a maxia da fotografía e aprende as marabillas do seu mundo.

Os participantes neste novo obradoiro crearán a súa propia cámara escura a partir de elementos tan sinxelos como unha caixa. Con ela estudaremos o mundo da luz como fenómeno físico, de forma que unha vez abramos o obxectivo e o volvamos pechar, pasaremos a un cuarto escuro onde revelaremos o papel fotográfico introducido na nosa cámara; descubrindo desta forma un proceso químico sinxelo de oxidación, que deu paso á revolución da fotografía dixital.

 
En familia
 
7, 14 e 21 de xullo 2026
Ás 18:30h
8 xull 2026
Ás 20:00h