Martín Códax e o mar

Este mes de decembro, navegaremos xuntos polo mar que inspirou as cantigas máis belas de amor de Martín Codax, a través de catro obradoiros independentes nos que recrear algunhas das pasaxes dos famosos textos medievais.

Programa

Sábado, 19 de decembro | Os nosos mapas medievais: faremos uns mapas da zona de Vigo onde se desenvolven as Cantigas de Amigo, un mapa medieval, con técnicas de debuxo antigo.

Domingo, 20 de decembro | As nosas Cantigas de Amigo: crearemos as nosas propias Cantigas de Amigo, facendo referencia á contorna de cada un dos participantes no obradoiro. Cantigas escritas con letras capitulares ao estivo medieval, encadernándoas nun libreto que cada un levará para casa.

Luns, 21 de decembro | Os nosos instrumentos musicais medievais: construiremos instrumentos musicais básicos da época medieval a xogo coas Cantigas de Amigo e de amor.

Martes, 22 de decembro | As nosas embarcacións: construiremos unha embarcación de cartón, candasúa, para navegar pola Biblioteca de Galicia.