Os reis do rap galego inauguran o Atardecer no Gaiás 2017. En formato DJ, Malandrómeda abrirá a festa o vindeiro 6 de xullo, enchendo a praza central da Cidade da Cultura coas súas rimas de batalla e ritmos imaxinativos.
Malandrómeda son toda a intensidade do rap y o rock'n roll xunta, son dominio métrico, son festa. Letras cargadas de humor sen prexuízos. Rap do que se baila, que fai que cada concerto sexa un golpe de enerxía e diversión.

