A Biblioteca de Galicia organiza, con motivo da conmemoriación do Día Europeo das Linguas, o obradoiro As letras viaxeiras, impartido por Marisa Irimia. Nesta actividade, os nenos e nenas poderán, a través da música e as artes plásticas, mergullarse na diversidade doutras linguas e culturas co fin de valorar a importancia da variedade de idiomas que existen para incrementar a comunicación intercultural.
Este obradoiro é un xogo a través do que coñecer outros lugares. Na compaña dunha letra viaxeira, e utilizando os sons, a música, as cores e a mesa de luz como guía, os nenos e nenas participantes descubrirán outras linguas e culturas.
O taller utiliza a divesidade lingüística como ferramenta para potenciar a tolerancia e a comprensión.

