A Biblioteca de Galicia, con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas, organiza este espectáculo que pretende ser un humilde percorrido pola obra da poeta, tradutora e editora Xela Arias. A obra está dirixida á mocidade e combina a narración oral con outras linguaxes escénicas.
De ti e mailo mundo que apañes ofrece un percorrido que nada ten de cronolóxico pero moito de persoal sobre a homenaxeada coas Letras Galegas 2021: Xela, a poeta que ten máis de actual que de histórica.
FICHA ARTÍSTICA
Creación e interpretación: Atenea García
Deseño gráfico e utilería: Nicolás Zamorano
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)


