León Benavente

Pop-rock serio e intenso que seduce cos seus impresionantes directos e coa potencia dunhas letras que conectan co público. Esta é a carta de presentación de León Benavente, unha reunión de amigos e veteráns músicos españois: un asturiano (Luis Rodríguez), un galego (Abraham Boba), un murciano (César Verdú) e un aragonés (Eduardo Baos).

Este xoves, os seus camiños cruzaranse na praza central da Cidade da Cultura para ofrecer un deses directos cos que enganchan ao seu público, e polo que pasarán temas xa míticos dos dous traballos publicados ata o momento: León Benavente e Todos contra todos. 

 
Música & Escena
 
14 e 15 Nov 2026
Ás 18:00 h
Do 23 - 26 nov