La Ventana, o popular programa da Cadena Ser que cada tarde conduce a xornalista Gemma Nierga, chega este venres 11 de maio á Cidade da Cultura.
De 16:00 a 19:00 horas, o edificio de Servizos Centrais transfórmase nun estudo radiofónico polo que pasarán algún dos colaboradores habituais de Genma como Paco Lobatón, Ignacio Escolar ou Xosé Hermida.
Con motivo da súa visita a Compostela, La Ventana contará ademais con tres convidados de excepción: o recentemente nomeado presidente da SGAE, Antón Reixa, que este sábado volverá aos escenarios coa mítica banda Os Resentidos; o cantautor e compositor José Luis Perales; e o músico galego Xoel López, que tocará en directo algún temas do seu novo disco "Atlántico".


