La Maravillosa Orquesta del Alcohol

Xullo remata no Gaiás a ritmo de La Maravillosa Orquesta del Alcohol, orixinal sexteto que mistura música acústica e instrumentos como o acordeón, banjo, mandolina e saxofón.

Cun son que bebe do folk, o blues, o country e o rock, esta banda burgalesa (tamén coñecida como La M.O.D.A.) traerá ata a praza central do Gaiás os temas que compoñen o seu primeiro disco: ¿Quién nos va a salvar? de Mús Records, co que xa triunfou por escenarios de toda España.

+ info: http://www.lamaravillosaorquestadelalcohol.com/

 
Música & Escena
 
7 - 10 Mai 2026
Convocatoria pechada
Prazo de solicitudes ata 8 de marzo