La Habitación Roja

La Habitación Roja é xa un dos clásicos do pop español. Levan dúas décadas vivindo nunha xira continua, cimentada nunha ampla e fiel base de fans, nove discos e dezasete EP/singles. 

Este xoves, os de L’Eliana desembarcan na praza exterior da Cidade da Cultura no seu formato máis íntimo. Un acústico no que repasar os vinte anos subidos a un escenario, con temas convertidos en himnos xeracionais como La edad de oro, Posidonia ou Indestructibles.

 
Música & Escena
 
 
00:00