La familia del árbol

La Familia del Árbol, o nome co que Nacho Casado asina as súas cancións acompañado de Pilar Guillén, presenta Odisea, traballo co que recorre a liña sonora que flúe entre o pop luminoso con raíces psicodélicas e o folk máis elegante e intimista. 

Co seu disco debut La Montaña y el Río (2011 Mushroom Pillow), que foi cualificado pola crítica como “un dos mellores traballos de música pop-folk nacional dos últimos tempos”, xiraron por toda a península en salas como La Riviera, Siroco, Galileo Galilei, Joy Eslava, nos festivais Primavera Sound, Faraday, Lemon Pop, Arenal Sound e elixidos para tocar con artistas internacionais do talle de Damien Jurado (USA), Neil Halstead (UK), Jens Lekman (SWE), Ólöf Arnalds (IS) para xirar por España e Portugal.