Kolo

Indie-rock británico en estado puro. Tras xirar polos mellores locais londinenes, Steve Fuller á batería, Daniel Mourinho ao baixo e Jon Burnell á guitarra e voces chegan ao Gaiás co seu 3º disco: Do you want to rule the world producido en Nashville por Chris Henderson e con claras referencias de grandes bandas británicas como The Smiths ou Stereophonics.