Isaac Díaz Pardo. Un laboratorio de ideas

Un obradoiro para que a cativada poida converterse en investigadores do seu propio laboratorio de formas. Con motivo do Día das Artes Galegas, dedicado este ano a Isaac Díaz Pardo, a Biblioteca de Galicia organiza o obradoiro Isaac Díaz Pardo. Un laboratorio de ideas para estimular a creatividade da cativada da man do ilustrador Yago García.

Esta actividade animará aos máis pequenos a traballar sobre diversos exercicios que incentiven a creatividade para extraer formas que darán lugar as súas pezas artísticas. Utilizarase a técnica do cadáver exquisito e o automatismo artístico para aprender conceptos como a sinxeleza visual, as formas elementais ou a descomposición xeométrica. 

 
En familia