A imprenta: elaboración de papel e impresión

A Biblioteca de Galicia pon en marcha catro obradoiros sobre A Imprenta, nos que os participantes poderán coñecer o proceso de elaboración de libros no século XV, ver o paso da escritura manuscrita á imprenta e utilizar diversas técnicas creativas así como dar renda á creatividade persoal.

Elaboración de papel e impresión será o primeiro obradoiro, no que os participantes elaborarán unha pasta para realizar lenzos de papel reciclado. Ademais, faremos impresión de debuxos e figuras nunha base de linóleo cunha prensa.

 
En familia
 
7, 14 e 21 de xullo 2026
Ás 18:30h
8 xull 2026
Ás 20:00h