Ilustremos en galego | Obradoiro con Siro López

Con motivo da celebración do Día da Ilustración (30 de xaneiro) a Biblioteca de Galicia organiza este encontro co recoñecido debuxante e ilustrador, Siro López, que terá lugar o sábado 4 de febreiro.

Trátase dun encontro entre persoas con vocación artística ou interesadas nas artes plásticas, para reflexionar entre todos/as sobre a arte da ilustración e os distintos xéneros, estilos e intencións que a ilustración gráfica tivo na historia da arte.

Farase un percorrido pola historia da ilustración gráfica, con proxección de imaxes:

  • A ilustración na arte rupestre
  • Ilustración e humor no Antigo Exipto
  • Orixe e función da arte románica
  • A ilustración na arte medieval
  • Nacemento da caricatura no século XVI
  • A ilustración satírica nas guerras relixiosas dos séculos XVI e XVII Goya
  • Ilustradores na prensa satírica do século XIX
  • Ilustradores de obras clásicas literarias
  • Ilustración na arte modernista
  • Ilustración e novas tecnoloxías
  • Ilustración en Galicia e ilustración en galego

 

 
En familia