II Obradoiro de papiroflexia 2018

A papiroflexia, á que podemos considerar coma unha arte, unha ciencia ou un entretemento, ten unha grande importancia na aprendizaxe das matemáticas.

Neste obradoiro, onde se construirán diferentes figuras, algunhas sinxelas e outras máis elaboradas, descubrirase como a beleza desta disciplina está na súa sinxela xeometría.

En cada anaquiño de papel hai patróns xeométricos, combinacións de ángulos e rectas que permiten á folla chegar a ter variadas e interesantes formas. Facer papiroflexia resulta creativo, divertido e económico.

 
En familia