II Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia

A Cidade da Cultura acolle o 9 de xullo a segunda edición do Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, no que un total de catorce formacións interpretarán durante vinte minutos o repertorio elixido para a ocasión. O Festival rematará cunha actuación conxunta de todas as agrupacións, que interpretarán sobre o escenario da praza central o Himno Galego.

O Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, busca dar a coñecer o traballo que fan as formacións máis novas das bandas de música galegas ao tempo que se fomenta unha xornada de convivencia entre os seus compoñentes, provintes de toda a xeografía galega e co nexo común do seu amor pola música.