No ano de Rosalía, o Consello da Cultura Galega e a Cidade da Cultura poñen en marcha "Has de cantar! Os nenos e nenas cantan a Rosalía", unha iniciativa coa que os escolares de entre 8 e 12 anos encherán coas súas voces a praza exterior da Cidade da Cultura e a Praza da Quintana de Santiago de Compostela o 7 de xuño, cantando catro poemas emblemáticos de Rosalía de Castro e facéndoa moi coñecida en todo o mundo.
Pezas seleccionadas
- Maio longo (Follas Novas), José Baldomir
- Rosa de abril (Cantares Gallegos), Andrés Gaos
- En Cornes (Follas Novas), Octavio Vázquez
- Negra Sombra (Follas Novas), Juan Montes
Programa
- 11:00 | Chegada en autobuses á Cidade da Cultura
- 11:30 | Visita guiada á exposición do Museo
- 13:00 | Ensaio
- 14:00 | Xantar
- 16:00 | Traslado á cidade
- 17:30 | Actuación na praza da Quintana
- 19:00 | Saída de autobuses
Músicos
- Director | Maximino Zumalave Caneda
- Música | Grupo de metais Hércules Brass (dous cornos, dúas trompetas, trombón e tuba).
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)

