Goza das Letras infantil. O xogo do Touporroutou

O Día das Letras Galegas, a Cidade da Cultura bríndalle a oportunidade aos máis pequenos de achegarse a figura de Roberto Vidal Bolaño a través dun xogo lúdico e ao mesmo tempo didáctico: o Xogo do Touporroutou.

Da man de Chiflo –un divertido personaxe que dedica a súa vida a crear crebacabezas dos nosos máis importates escritores e intelectuais cos seus segredos, biografías, obras e afeccións case inconfesables-, nenos de 7 a 12 anos achegaranse á faceta profesional, literaria e vital de Roberto Vidal Bolaño, contestando preguntas que lles axudarán a superar as distintas probas do xogo e realizar o “Crebracabezas de Roberto Vidal Bolaño”, un cubo de cartón onde cada cara do mesmo recreará un aspecto da vida e obra do escritor. En cada un dos lados empregarase unha técnica distinta e a súa correcta elaboración dependerá da concentración, memoria e atención dos participantes.

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)