Instalación sensorial para bebés (0 a 2 anos)
Almofadas que falan, que roncan, que rin e cantan. Un lugar onde agocharse e, desde o acubillo, observar o mundo. Casiñas, niños de aves xigantes, camiños poboados de cores, músicas e ruídos estraños.
Esta instalación para primeira infancia preséntase como unha proposta para descubrir, imaxinar e soñar. Créase un poboado formado por niños construídos como o fan os paxaros: con materiais de diferentes texturas e cheiros, cheos de sorpresas que nos irán amosando os dous seres que habitan alí.

Concíbese como un espazo para ser compartido en familia, favorecendo a relaxación e o desfrute colectivo nun ambiente de acollemento e confort, inspirado na idea do niño como refuxio.
Foi galardoada co Premio FETEN 2024 á mellor instalación.
Información de acceso
- Acceso de balde con inscrición. Reserva a túa quenda!
- Pases cada 30 minutos. Capacidade máxima da instalación en cada pase: 30 persoas.
- Para bebés de 0 a 2 anos, acompañados por unha persoa adulta. Irmáns e irmás maiores son benvidas.
- Todas as persoas que accedan deberán reservar praza. Prégase unha soa persoa adulta acompañante, para non ocupar prazas destinadas á cativada.
- De haber anulacións, as prazas dispoñibles publicaranse automaticamente na columna de reservas.
- Para entrar, todas as persoas deberán descalzarse. Recoméndase traer calcetíns extra.
- Prégase seguir en todo momento as indicacións do persoal responsable da actividade.
Ficha artística
- Dirección e creación: Eulàlia Ribera e Sergi Ots
- Deseño e construción: Txell Janot, Isabel Palazón, Miquel Ruiz e Jaume Nieto
- Interpretación: Claudia Lizeth e Gloria Román / David Gastelú e Jaume Nieto
- Dirección escénica: Eulàlia Ribera
- Iluminación escénica: Artur Gavaldà
- Imaxe e vídeo: Artur Gavaldà e Platea Films
- Xestión e produción de xira: Jaume Nieto / Imagin.art
- Unha coprodución de laSala | elPetit e Imaginart
Sobre a compañía
elPetit é un Festival de Artes Escénicas para primeiras infancias (0-5 anos) que colabora con artistas e compañías locais e internacionais presentando espectáculos en 13 cidades.
Imaginart é unha produtora especializada en artes escénicas para a primeira infancia, enfocándose na hibridación das artes con vocación de ser cada vez máis accesible para todos os públicos.









