Foros #aculturasegue I: Retos nos contidos dixitais da cultura

A primeira sesión dos Foros #aculturasegue aborda os desafíos e oportunidades que as novas plataformas e ferramentas tecnolóxicas presentan aos profesionais e institucións culturais no contexto actual. Para tratar estes temas contamos coa participación da responsable de programas virtuais do Museo Reina Sofía, Olga Sevillano Pintado, e do comisario de exposicións e coordinador de proxectos dixitais do Consello da Cultura Galega, Manuel Gago Mariño, nunha conversa conducida pola comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira Marimón.

OLGA SEVILLANO PINTADO 

Licenciada en Historia da Arte pola Universidad Autónoma de Madrid, diploma en Crítica de Arte pola Fundación Claves del Arte e Máster en Comisariado e Prácticas Culturais en Arte e Novos Medios por MECAD/ESDI e Universidad Ramón Llull de Barcelona. Desde 2011 é responsable dos proxectos dixitais do Museo Reina Sofía exercendo a coordinación, xestión e desenvolvemento da web do Museo, a RRS Radio do Museo Reina Sofía e a web https://guernica.museoreinasofia.es, gañadora dun premio internacional Webby 2018 á mellor web dunha Institución Cultural. Desde 2012 realiza charlas e obradoiros relacionados cos Museos e o seu papel no contexto dixital. 

 

MANUEL GAGO MARIÑO 

Profesor asociado na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e coordinador de proxectos dixitais do Consello da Cultura Galega. É tamén divulgador científico e cultural con espazos en diferentes medios de comunicación de Galicia, así como comisario de exposicións con ampla experiencia en mostras vencelladas ao eido cultural e histórico, como foi o caso de Galicia, un relato no mundo, a primeira exposición da Xunta polo Xacobeo 2021, que pechou as súas portas o pasado mes de abril no Museo Centro Gaiás.

 

Foros #aculturasegue

Os Foros #aculturasegue convidan ao debate e á análise dos retos aos que se enfronta o sector cultural na era post COVID-19. A actividade, dirixida a profesionais do sector cultural galego e a todo tipo de público interesado, está organizada pola Consellería de Cultura e Turismo, a través da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, e coa colaboración do Xacobeo 2021. Enmárcase no Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da COVID-19, promovido polo Goberno galego, e pode seguirse de balde por videoconferencia. O ciclo desenvolve un total de oito webinarios arredor de diferentes temáticas, celebrados semanalmente coa participación de figuras de consolidada traxectoria no sector das industrias culturais.

 
Letras & Pensamento
 
25 — 29 Ago 2024
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 24 MAI
1 - 13 Xul 2024
Convocatoria pechada