Os máis pequenos da casa poderán descubrir as formas de auga a través dun espazo especialmente deseñado par eles: As formas da auga. Nunha superficie multisensorial, os bebés descubrirán as cores entre as pingas de auga ás que poderán agarrarse, mover ou agocharse entre elas; experimentarán as diferentes texturas na zona de ríos; e xogarán na zona de cantos rodados.
Mentres, os maiores poderán acompañalos portando paus de auga que reproducen o son da choiva, agochándose cos nenos na cascada feita de teas móbiles ou interactuando con eles a través da cortina de néboa.
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)

