Flora e fauna nunha pinga de auga

En xeral, cando pensamos nos seres que habitan os océanos, esquecemos os organismos microscópicos que viven levados polas correntes no que se denomina o plancto. Os participantes deste obradoiro descubrirán organismos moi moi pequenos, animais e vexetais, que terían espazo dabondo para vivir nunha pinga de auga. Grazas as lupas binoculares poderemos observalos falar deles en detalle: explicando de onde se obtiveron, como se procesaron e cal é o obxectivo da súa recollida.

 
En familia
 
4 Xuñ 2022
Ás 11.00 horas