Flamingods

Unha banda que opera fóra do espazo e do tempo. Así define a crítica a Flamingods, escollidos por The Guardian como unha das bandas do momento.

Con base en Brixton, formado en Barhein e fortemente influenciados pola música de danzas tribais e a cultura rave, Flamingods ofrece sons trotamundos que nos transportan aos máis lonxanos confíns da conciencia. 

"Encántanos que a xente baile. É parte da natureza dos nosos shows en vivo e tamén nos encanta colaborar". Este sábado tedes a oportunidade de velos en directo nun novo Atardecer no Gaiás na praza central da Cidade da Cultura.

 
Música & Escena
 
 
00:00