Flamenco Kids

Un concerto que achega a maxia do flamenco ao público familiar. Isto é Flamenco Kids, un espectáculo que lle ofrece, por primeira vez, ao público infantil, un concerto didáctico e ameno con músicas e letras elaboradas coa mesma calidade que un espectáculo destinado a un público adulto, onde o flamenco é o vehículo estético e rítmico para contar unhas historias que cheguen á alma dos nenos e tamén dos pais.

Sinopse

O espectáculo desenvólvese grazas a un grupo de amigos que viven en Quillolandia, un lugar onde o ceo é azul, a area branca e o mar... de prata.

Aventuras, música e aprendizaxe son os alicerces básicos de Flamenco Kids, que se apoia nas bontades do mar Atlántico para, cuns personaxes creativos e unha música de raíces ancestrais, lograr obxectivos educativos a través do xogo.

Ficha artística

Dirección Musical | José Luis Montón
Textos | Teresa del Pozo
Compañía | Cozy Time